O Arenteiro é o campión: 13 anos despois consigue a súa segunda Copa Deputación

8, Xuño 2015

O Arenteiro proclamouse campión da XXXV Copa Deputación de Fútbol, título que os verdes consiguen por segunda vez na historia e tras derrotar a SD Bande nunha vibrante final desputada no Estadio do Couto de Ourense, que rexistrou un gran ambiente.

Os goles de Martín Pérez, Dani Vázquez e Dani Arbo deron a victoria ao equipo carballiñés, que sempre foi por diante no marcador que en dúas ocasións lograron igualar os da Baixa Limia, que foi un digno rival, con dous goles do dianteiro pontevedrés Diéguez.

O capitán Carlos Escudero recolleu o trofeo de campión no medio do delirio dos centos de afeccionados carballiñeses que vestiron de verde carballiñés o Estadio do Couto.

Despois, a celebración continuou no Carballiño, onde o equipo foi recibido na casa do concello polo alcalde en funcións, Argimiro Marnotes, e numerorosos afeccionados que ovacionaron aos campeóns.