O Arenteiro agarda un desplazamento masivo da súa afección a Ponteareas

10, Maio 2018

O Arenteiro xógase este domingo dende as 6 da tarde no campo da Cultural Areas unha gran parte das posiblidades de permanecer na Terceira División, no caso dun triunfo dos verdes e que non gañen Laracha e Céltiga, o Arenteiro podería evitar o descenso por arrastres dos equipos galegos da Segunda B.

Para aqueles afeccionados que non dispoñán de vehículo propio para desplazarse a Ponteareas, ou prefiran a comodidade do autocar, o club en colaboración con Autocares Rodríguez organiza un desplazamento organizado, por 5 euros o billete, con saída dende o Carballiño ás 4 da tarde do domingo. A reserva de billetes faise nas oficinas de Autocares Rodríguez.