O Arenteiro culmina unha semana grande derrotando ao Bergantiños en Espiñedo

15, Outubro 2017

Unha semana con tres partidos e tres victorias, nove puntos de nove posibles, na competitiva terceira división, o domingo pasado ante o Negreira, o xoves en Vilalonga, e para redondear a semana un 2-0 ante o poderoso Bergantiños.

Espiñedo recibía a ún dos grandes da categoria, xa que o equipo de Carballo está confeccionado para loitar polo ascenso, e o certo é que non se pode decir que defraudase, nin moito menos, pero enfronte encontrouse cun Arenteiro que soubo xogar as súas bazas, e saíronlle ben.

Os verdes cederon o balón a un Bergantiños que moveu o balón canto quixo e lle deixaron, pero sen crear ocasións claras ante a portería local.

E no fútbol gaña quen marca goles, e desta vez foi o Arenteiro o que acertou a facélos, e por dúas veces.

Ambos goles chegaron na segunda parte, primeiro ao transformar Dani Chimpin un penalti sobre Igor Sevivas. E xa na última xogada do partido nunha acción personal de Iker Hurtado que, arrancando dende campo propio, plantaouse ante a portería visitante para marcar o segundo e definitivo gol da tarde.

Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...