O Arenteiro debutará en Primeira RFEF no estadio do Nastic de Tarragona, o sábado 26 de agosto ás 21:30 h. Consulta aquí o calendario completo.

19, Xullo 2023

O Arenteiro viaxará a Tarragona para xogar o seu primeiro partido de liga nun estadio que fai apenas 15 anos foi de primeira división, o Nou Estadi, onde os verdes debutarán na histórica tempada na Primeira RFEF para enfrontarse ao Nastic de Tarragona o sábado dia 26 de agosto ás 21:30 horas.

Na segunda xornada, o domingo dia 3 de setembro ás 12 do mediodia, o primeiro visitante en Espiñedo será a SD Logroñés, e na terceira xornada o Arenteiro viaxará ata Pamplona para xogar co Osasuna Promesas.

Na cuarta xornada, en plenas festas do Setembro no Carballiño, o Arenteiro recibirá ao Real Unión de Irún, mentres no primeiro derbi galego o Arenteiro desplazaráse ao estadio de Balaidos o 24 d setembro para medirse co Celta B. Entre outros partidos que se agardarán con máxima expectación estarán o do Deportivo da Coruña, que pasará por Espiñedo do 17 de decembro, e devolverálle o Arenteiro visita a Riazor o 28 de abril de 2024, xa na recta final do campionato.

Descarga aquí o calendario completo: