O Arenteiro despide o ano en posto de ascenso tras vencer á Ponte, 4-0.

18, Decembro 2011

Plácido partido do C.D. Arenteiro en Espiñedo ante un inofensivo equipo, A Ponte SAD, quen te víu e quen te ve, un dos equipos históricos do fútbol ourensano, que chegou a desputar unha fase de promoción de ascenso á 2ª B, e que languidece agora na 1ª autonómica, polo visto esta tarde, ún dos equipo máis flouxos dos que durante a primeira volta pasaron polo Carballiño.

Aos 21 minutos o Arenteiro xa tiña encarrilado o partido tras dous goles de Cancelas, e antes do remate do primeiro periodo Iglesias ampliaba a ventaxa dos carbaalliñeses. A Ponte tivo, asi e todo un par de oportunidades para meterse no partido, pero si en defensa os pontinos eran unha coladeira, en ataque eran totalmente inoperantes, un equipo incapaz de facer dous pases seguidos, demasiádo fácil para un Arenteiro superior que pudo incluso marcar máis goles, ademáis de outro anulado na segunda parte a Iglesias, que pouco antes marcara o cuarto gol da tarde para os carballiñeses.

Con este resultado,  C.D. Arenteiro despide o ano como segundo clasificado da categoria e polo tanto, en posto de ascenso á preferente. Agora toca descansar, tras as vacacións do nadal a liga reanudaráse o vindeiro 8 de xaneiro para rematar xa a primeira volta da liga, o Arenteiro desplazaráse atá o campo dos Carrís para enfrontarse ao Barbadás B.