O Arenteiro despide a primeira volta con victoria en Marín e achegandose ós postos de ascenso

11, Xaneiro 2010

Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes. Agora mesmo, o Arenteiro está a 4 puntos do líder Choco e a dous de Estradense e O Porriño, os tres equipos que temos por diante. E só os dous primeiros ascenden á terceira división. Asi que con estos números na segunda volta, as matemáticas non fallan, estariámos fora dos postos de ascenso. A única solución posible é mellorar a estadiística na segunda volta. Dos 57 puntos en xogo, como mínimo habería que sumar 40, seis maís que nesta primeira volta, 74 puntos serían suficientes para asegurar cando menos o segundo posto, sempre e cando os demáis aspirantes sigan nos mesmos números da primeira volta, porque senón incluso cumpriría algún puntiño maís para amarrar o ascenso. A vindeira xornada, primeira da segunda volta en Eiroás e ante o Covadonga comeza a conta atrás.