O Arenteiro empata a un gol no campo do Estudiantil na promoción de ascenso á 3ª División, e o Sporting Carballiño consigue a Copa Deputación B

4, Xuño 2017

O Arenteiro arrancou un esperanzador empate a un gol no partido de ida da promoción de ascenso á terceira division xogado no campo da Agrupación Estudiantil, mentres o Sporting Carballiño conseguía vencer na tanda de penaltis ao Raio Alaricano e adxudicabase a Copa Deputación B.

No desplazamento ao campo de Callobre, na Estrada, os verdes enfrontáronse ao bo equipo, como resultou ser a Agrupación Estudiantil, Non obstante, o Arenteiro comezou moi serio o partido no que sorprendeu aos locais cunha poderosa presión que, unha e outra vez,desbarataba os intentos combinativos do equipo estudiantil.

Ademáis,os verdes lograban adiantarse no marcador ao transformar no minuto 28 Rubén Arce un claro penalti cometido sobre Vitti. Unha magoa, o empate local, que se producía a piques de chegar ao descanso ao aproveitarse dun rexeito na área do Arenteiro. Na segunda parte o Estudiantil apretou, pero os carballiñeses aguantaron o resultado, que pudo decantarse a favor de calquera.

Os locais lanzaron un balón ao traveseiro, e o Arenteiro pudo sentenciar á contra, sobre todo cando o Estudiantil quedou con 10 xogadores no campo tras a expulsión do dianteiro Stefan, pero faltou acerto nos metros finais.

No CD Arenteiros sairon de inicio: Israel, Maxi, Padrón, Martín, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Alberto, Arce, Vitti e De Dios. tamén xogaron Sanginés, Cuquejo, Iván Portos e Pol.

O Sporting consigue a Copa Deputación B

Tras os noventa minutos xogados no campo do Couto, o partido entre o Sporting Carballiño e Raio Alaricano rematou co marcador inicial de 0-0.

Nin carballiñeses nin alaricanos conseguiron marcar. Asi as cousas, o título de campión decidíuse dende os once metros,e na tanda de penaltis o Sporting estivo maís atinado que o seu rival, e consigue asi a Copa Deputación B, versión copeira reservada para os equipos de 2ª e 3ª autonómica.