O Arenteiro estrea a súa nova equipación ante o Boiro, no primeiro partido de liga na Terceira Divisíón

24, Agosto 2018

Arranca a terceira divisíón que será, según opinión practicamente unánime, a máis competida e de máis alto nivel que se recorda en moitos anos no fútbol galego e na que por segundo ano consecutivo está Club Deportivo Arenteiro.

Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, coa presenza dos responsables da Xunta Directiva do Club e as autoridade municipais, presentouse a nova equipación que os verdes lucirán esta tempada nos mellores estadios de Galicia, e na que "valorízase un dos nosos activos, como é o pulpo á feira do Carballiño", salientaron.

Os futbolístas do club Cassio, Pachi e Mitogo, foron os "modelos" que luciron a nova equipación, que será estreada no primeiro partido de liga, este domingo dia 26 de Agosto no estadio de Espiñedo, ante o Boiro.