O Arenteiro Feminino proclámase subcampión de liga e ascende á Primeira División Galega

Cun espectacular final de liga na que as rapazas de Alba Rodríguez gañaron os seis últimos partidos desputados, as verdes ascenden xunto co San Roque Casablanca vigués á Primeira División Galega do fútbol feminino, e serán o máximo representante da provincia de Ourense no fútbol feminino para a próxima tempada.
O Arenteiro certificou o seu ascenso no derradeiro partido do campionato na Segunda División Galega, xogado este domingo no campo vigués da Gándara, onde as carballiñesas impuxerónse ás locatarias do Valadares por 0-2, con goles de Maria Juan e Sara Fernández, ambos no úlitmo cuarto de hora do partido.
Ficha do partido:
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodA...