O Arenteiro gaña ao Portonovo, pero descende de categoria

19, Maio 2013

Estéril victoria (4-2) dos carballiñeses en Espiñedo xa que os descensos de Céltiga e Vilalonga dende a terceira, condenan ao Arenteiro ao descenso e xogar o ano que ven na 1ª autonómica. De nada valeu aos verdes o triunfo no derradeiro partido de liga, únicamente para chafarlle o ascenso ao Portonovo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos (Prada), Gabriel (Tacón), Iago, Piñeiro, Kennedy (Bardelás) David Soares e Marcos Sotelo (Martín).

O Partido: Xogado no municipal de Espiñedo ante a mellor entrada da tempada, con unha moi numerosa presenza de siareiros do Portonovo que viron como ao seu equipo escapouselle o ascenso con esta derrota, acaso demasiado castigo para o visto sobre o terreo de xogo. Pero asi é o fútbol, o Arenteiro tivo hoxe a fortuna que se lle negou outras tardes e en dous inspirados minutos, 25 e 27 de partido,  púxose con 2-0 ao seu favor, tras o goles de Xurxo e David Soares. O Portonovo reducía distancias no derradeiro minuto da primeira parte. Trala reanudación, os portonovenses foronse a polo partido, aínda que o empate -minuto 65- tivo que chegar por medio dun gol do defensor local Tazos en propia meta. Con 25 minutos de partido parecía que o Portonovo, empuxado pola súa afección ía darlle a volta ao marcador, pero no Arenteiro obtiña premio ao seu derroche de pundonor Pablo Piñeiro, él so fabricou o terceiro gol que volvía adiantar aos verdes. Xa no minuto 89 claro penalti sobre David Soares, que o propio xogador encargase de transformar.