O Arenteiro gaña en Porriño e da outro paso prácticamente definitivo para certificar a permanencia

12, Maio 2019

Con esta victoria por 0-2 no campo do Porriño Industrial os verdes acadan os 47 puntos a falta do último partido ante o CD Barco e prácticamente aseguran a continuidade na tercerira división por terceira tempada consecutiva.

No partido xogado en Porriño, onde polo número de seguidores na grada, o Arenteiro parecía que xogaba en Espiñedo, o equipo adestrado por Gelucho asegurou os 3 puntos que poden considerarse transcendentais para lograr o obxetivo final.

O triunfo dos verdes materializouse na segunda parte, e tras un primeiro periodo no que o Arenteiro pudo irse ao descanso con algún gol ao seu favor, xa que gozou de varias aproximacións sobre a meta local que so faltou definir, mentres os locais so conseguían chegar aos dominios de Rui en xogada a balón parado.

Tras a reanudación pronto chegaría o primeiro gol do Arenteiro, unha delicatessen de Hugo Sanmartín que cunha perfecta vaselina superou ao meta local. Tamén foi o mesmo Sanmartín o que servíu en bandexa o balón a Carlos de Dios para que marcase o 0-2 defintivo.

O Arenteiro tivo que xogar os últimos minutos do partido con 10 xogadores ao ver doble cartón amarelo o defensa Adrián Pol.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459793