O Arenteiro gaña no campo do Cultural Areas e aumenta as súas posiblidades de seguir na terceira división

13, Maio 2018

O Arenteiro remata a liga no posto 14 da clasificación tras gañar 0-2 ao Cultural Areas, polo que os verdes logran evitar os dous postos de arrastre polos descensos dende a Segunda B de Cerceda e o histórico Racing de Ferrol, tan so toca esperar que o Coruxo gañe a promoción de descenso, se eso non ocurrise habería que agardar un ascenso dun dos 4 equipos galegos que promocionan á Segunda B, para asegurar definitivamente a presenza do Arenteiro na terceira división para a vindeira tempada.

No partido que baixaba o telón da liga no campo da Lomba de Ponteareas, os verdes fixeron un partido moi serio, e tanto que apenas pasaron por apuros ante un Cultural Areas que tamén se xogaba bastante, xa que ao perder podería meterse en descenso directo, o que finalmente non ocurríu porque Noia e Negreira perderon os seus respectivos partidos.

Carlos de Dios adiantou no primeiro tempo ao Arenteiro ao finalizar unha boa xogada en ataque dos verdes, e na segunda parte un gol en propia meta do Areas, foi a sentencia definitiva.

O Arenteiro non estivo so neste transcendental partido, xa que a maioria dos afeccionados que se deron cita no campo da Lomba foron os desplazados dende O Carballiño, que ao final festexaron o triunfo do equipo, sabedores das grandes posiblidades que hai para que o Arenteiro siga tamén o ano que ven na terceira división.

Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...