O Arenteiro gaña no Couto ao Ourense CF, a pesar de sufrir unha vergonzosa e desquiciante arbitraxe

9, Marzo 2019

O Arenteiro gañou (0-1) 3 puntos de ouro no partido de rivalidade co Ourense CF, eso si, sufrindo unha arbitraxe do colexiado Alexandre López Vila absolutamente tan desafortunada como lamentable e vergonzosa para un partido de terceira división.

O despropósito arbitral foi tal que chegou a convertir en saques de esquina a favor do Ourense foras de banda, sacou da chistera un penalti favorable aos locais que só él víu, e sobre todo, tivo un trato desigual á hora de xulgar aos dous equipos, cargou aos xogadores do Arenteiro con cartóns amarelos, oito en total, por ningún dos locais. E durante os 7 minutos de desconto expulsou con vermella directa a Noguerol por protestarlle un libre indirecto co que castigou ao Arenteiro ao interpretar non se sabe qué cando Rui Santos ía xogar o balón. Desquiciante.

Ao marxe da polémica arbitral e da victoria, o partido volve deixar danos colaterais para o Arenteiro, a maiores da sanción que terá Noguerol, tiveron que abandonar o terreo de xogo lesionados Hugo Sanmartín, con 27 minutos de xogo transcurridos, e Rober na segunda parte, tras sufrir unha entrada dun rival, que nin xiquera mereceu amonestación en opinión do colexiado.

No futbolístico, o único gol do partido foi obra de Rober cun tiro a media altura dende a frontal que sorprendeu a un adiantado Diego García, tras perder os locais o balón en defensa, ían apenas 7 minutos de partido. Despois da lesión de Hugo Sanmartín, o Arenteiro botouse atrás para defender a renta, e desta vez saíulle ben. O Ourense fallou un penalti no minuto 50, e os seus continuos ataques sobre a portería do Arenteiro foron infructuosos durante os 97 minutos de partido.

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...