O Arenteiro gáñase o dereito a soñar no ascenso á 3ª división tras gañar nos penaltis a promoción ante o Estudiantil

8, Xuño 2017

Final de infarto, e final feliz na tanda de penaltis no partido de volta da promoción de ascenso á 3ª división xogado ante a Agrupación Estudiantil no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha gran entrada, con arredor de 1.400 afeccionados, nunha tarde de calor e emoción a máis non poder.

Porque tras o empate a un gol ao final dos 90 minutos non houbo máis remedio que decidir o que pode ser un ascenso á 3ª división dende o punto de penalti, unha tanda que gañaron os verdes cun tanteo final de 7-6.

Antes, durante o partido, comezou pegando primeiro o Arenteiro, que tras dúas boas ocasións de Viti e Carlos de Dios, logrou marcar por medio do defensa Maxi, tras cabecear de forma expléndida un córner botado por Dani Chimpin.

O Arenteiro tiña o partido controlado, cedia o balón ao Estudiantil, pero éste non creaba ocasións de perigo ata que Iker Hurtado empatou no minuto 36. Logo, na prolongación, o Estudiantil demostrou ser un moi bo equipo, e seu foi o partido, pero a actitude e a casta dos xogadores do Arenteiro, hoxe moi limitado físicamente, lograron aguantar o empate ata chegar á tanda de penaltis.

Israel evitou pouco antes do final cunha gran intervención que o Estudiantil marcase o segundo, e xa na tanda de penaltis, o outro gardameta do Arenteiro, Pachi, foi o gran  portagonista, desviando dous dos lanzamentos do Estudinatil e marcando o que él mesmo executou.

A afección do Arenteiro pode seguir soñando, agora xo resta desexar sorte ao Rápido de Bouzas na súa eliminatoria final de ascenso á Segunda División B, o que levaría ao Arenteiro á 3ª división para o vindeira tempada.