O Arenteiro, incapaz de pasar do empate ante o At. Barbantes, 1-1.

3, Novembro 2013

Tarde gris dos verdes que para colmo de males marcaron en propia meta e propiciaron un meritorio empate do At. Barbantes, na primeira visita en competición oficial do equipo ribeirán ao municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha magnífica entrada, con 407 espectadores na grada.

C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, Canexón, Victor gallego, Martín, Bardelás e Prada. Na segunda parte tamén xogaron Quiroga, Núñez e Oscar.

Sociedade AT. Babantes Estación: Samuel, Roi, Igor, Diego Viñas, Rubén, Mellado, Manuel, César, Alén, Jaime e Bulicas. Tamén xogaron Pablo, Miguel, Borja e Oscar.

Goles

1-0. Minuto13. Centro dende a banda de Victor Gallego sobre a área, Martín cede o balón atrás a Álex, que o coloca no fondo da portería visitante.

1-1. Minuto 22. Perdiz realiza unha magnífica intervención rexeitando o tiro de Jaime, pero o balón pega no defensor local Diego López e introducese na portería local.

O Partido: Mal o Arenteiro, que non soupo xogarlle a un At. Barbantes moi ben posicionado no campo, cedendolle o balón aos carballiñeses e esperando á contra. Na primeira parte os carballiñeses, a pesar de adiantarse no marcador, estiveron ausentes do partido. Na segunda, renunciaron ao fútbol e optaron por colgar balóns sobre a portería do At. Barbantes, que unha e otra vez atrapaba Samuel. Asi e todo, por dúas ocasións, Victor Gallego a piques estivo de lograr o segundo gol para os locais, pouca bagaxe para un equipo que hoxe estivo lento e espeso durante toda a tarde.