O Arenteiro levanta a Copa en Portonovo ao conseguir o titulo de campión galego da Copa RFEF, tras derrotar ao Compostela

28, Agosto 2022

Gran partido do Arenteiro ante o Compostela, ao que logrou derrotar por 2-1, na final galega da Copa Federación, o que lle abre as portas ao equipo carballiñés para xogar agora a fase nacional desta competición.

Intenso partido o presenciado no campo portonovés de Baltar, no que os verdes foron moi superiores a un Compostela que sempre foi a remolque durante todo o partido, dos que fan afección, vibrante e de bo xogo en varias fases de ambas partes, e alegría final para numerosa afección do Arenteiro desprazada ata Portonovo, onde o Arenteiro proclamouse por vez primeira como campión galego desta competición, sumando asi un novo título deportivo.

O vídeo de resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-o-sector-galego-da-copa-federacion

A crónica do partido en "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/08/28/arenteiro-fase-nac...

A crónica do partido en "Muchacalidad.com": https://muchacalidad.com/2a-rfef/el-arenteiro-derrota-al-compostela-y-se...