O Arenteiro-Lugo, ou a historia dunha infamia arbitral que se carga un partido de fútbol.

5, Maio 2024

Non se entende que nunha categoria como a Primeira RFEF poida haber este tipo de arbitraxes, como o protagonizado neste Arenteiro-Lugo polo colexiado asturiano Fernández Buergo, que en catro minutos encargouse de sancionar ao bo fútbol, o que estaba ofrecendo o Arenteiro que estaba sendo moi superior ao Lugo ata que no m. 28 a torpeza abritral decidiu que non lle gustaba o espectáculo.

A tarde estaba tranquila, o Arenteiro estaba xogando un partidazo, Pibe xa mandara o balón ao poste, as ocasións sucendíanse na área do Lugo e ao minuto 12 Manín poñía o 1-0 no marcador. Pero entre os minutos 24 e 28 o árbitro ensinou dúas tarxetas a Jordan para deixar ao Arenteiro en inferioridade con máis dunha hora de partido por diante, as dúas tarxetas na medular, a segunda nin falta era pero o futbolista do Lugo engañou ao árbitro, ou non, porque se fose falta desas hai ducias nun partido e en nignún caso son tarxeta, unha canallada que cambiou o guión do partido, aínda que o Arenteiro aguantou ben todo o que quedaba da primeira parte e 20 minutos da segunda.

Ata que chegou o gol do empate do Lugo e ante as protestas dos fútbolístas do Arenteiro que pedían fora de xogo. Despóis o Lugo dáballe a volta ao marcador cun remate na área cun balón que se lle escapa das mans a Pablo Brea, cando parecía fácil. E xa co 1-2, todo Espiñedo -e tamén pode verse claramente nas imaxes de televisión- o tal Fernández Buego trágase un penalti que hai que ser moi incompetente, tanto o árbrito principal como o axudante de liña. Alvaro Ramón remata un balón que ía portería adentro cando o impide cunha man clamorosa un defensor lucense, o que impartía xustixa dixo "sigan, sigan".

Podiamos seguir no desigual criterio no reparto de tarxetas, e en erros técnicos de bulto, como cando nun saque de banda para o Arenteiro permite que saquen os visitantes e logo de deixar que seguise o xogo e mesmo da lugar a unha ocasión od Arenteiro, ordena rempetir o saque de banda. Subrrealista, pero a estas alturas de partido xa nada podía sorprendernos. Un total descrédito para o fútbol. A todo esto, o comportamente da afección do Arenteiro volveu ser exemplar ante tal exemplar de árbitro.

Con esta derrota, o Arenteiro pon fin a unha série de oito partidos consecutivos sen perder na competición de liga na Primeira RFEF, quedando tras esta xornada oitavo na clasificación tras ser superado por 1 punto por Unionistas de Salamanca. Aínda quedan tres apaixoantes xornadas ante Fuenlabrada en Madrid, o Celta B en Espiñedo e viaxando precisamente ao campo unionista na derradeira xornada.

Video resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-lugo-asalta-o-espinedo-no-derbi-galego

Ficha do partido: https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Lugo