O Arenteiro, máis preto do descenso tras perder en Espiñedo ante o Pontevedra B

10, Febreiro 2013

A derrota ante os pontevedreses, un rival directo na loita pola permanencia, deixa ao Arenteiro nunha moi difícil situación tras perder un partido que era clave para conservar as opcións dos carballiñeses para seguir con vida nesta liga. Un gol en propia meta e un penalti fallado conderaron ao Arenteiro na primeira parte, despóis foi un querer e non poder ante un Pontevedra B que marcaba o 0-2 no minuto 84 e sentenciaba o partido.

C.D. Arenteiro: Macía, Prada, Carlos, Dabarca, M. Sotelo, Alex (Iago), Tacón, Bardelás (Marquina), Pablo, Dacosta (Oli) e David Soares.

O Partido: O Arenteiro quedabase no minuto 23 con 10 xogadores tras ver a vermella directa M. Sotelo por unha forte entrada a un contrario, non sería o único xogador do Arenteiro expulsado polo árbitro, que foi moi protestado pola escasa afección local, xa que na recta final do partido tamén enviou a vestiarios a Tacón. Nun intervalo de 3 minutos sucederonse as dúas xogadas claves do partido, no 40 gol en propia meta de Carlos e no 43 o porteiro  visitante detén o penalti que lanzou Dabarca. Na segunda parte o Pontevdra B non pasou por apuros para defender o resultado, que ampliaría cun gol no único tiro dos pontevedreses entre os 3 paus. O lamentable estado de Espiñedo condicinou o xogo e un partido ao que o Arenteiro se presentou con numerosas baixas debido a sancións e lesións no seu plantel.