O Arenteiro mereceu máis que un empate ante o Celtiga. O árbitro non pitou un penalti de escándalo sobre Hugo Sanmartín

28, Outubro 2018

 Ninguén en Espiñedo, nin xiquera o público visitante, se explican cómo non se pode pitar un penaltí tan claro e ademáis cando o colexiado lucense Iván Abel Bruzos estaba a apenas un par de metros da xogada para ver como o defensor do Céltiga derriba clarísimante a Hugo Sanmartín, inexplicable.

O penalti que non quixo pitar o árbitro chegou no tramo final do partido cando o marcador xa estaba empatado e co Arenteiro envorcado sobre a portería do Céltiga en pos do gol que lle dera unha victoria que finalmente non chegaría.

O Céltiga encoentrouse cun gol cando apenas ían 9 minutos de partido, e pouco máis fixo durante o resto da tarde. Tampouco o Arenteiro estivo acertado durante a primeira parte, de fútbol rácano por ambos bandos.

Na segunda parte o guión do partido foi xa moi distinto, e cun único equipo sobre o terreo de xogo, os verdes acorralaron na súa área ao Céltiga, que unhas veces con fortuna e os postes, outras pola falta de finalización dos dianteiros verdes, e noutra cunha gran intervención do gardameta Marcos Bermúdez, conseguiron sair vivos de Espiñedo e regresar a Illa de Arousa cun punto.

O Arenteiro nesta segunda parte tivo que esperar a que chegase o empate cun autogol de Capi e so lle faltou un pouco de acerto nos últimos minutos para gañar un partido que fixo méritos suficientes para conseguilo.

Espiñedo rexistrou unha entrada practicamente habitual, a pesar do Barsa-Madrid e, sobre todo, o tremendo frio desta tarde, con apenas 5 graos de temperatura ambiente no horario do partido. 

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...