O Arenteiro métese nas semifinais da Copa Federación tras eleminar ao Alondras

12, Agosto 2018

O Arenteiro xogará a semifinal da Copa Real Federación Española de Fútbol -fase autonómica- a vindeira fin de semana co Bergantiños, a partido único en Carballo, e tras superar en cuartos ao Alondras, ao que venceu na tanda de penaltis tras empatar a un gol no partido xogado no Estadio de Espiñedo, no dia da Festa do Pulpo.

O equipo do Morrazo estivo mellor na primeira parte, na que chegou con fluidez á portería defendida por Rui Santos, que estivo moi seguro e mantivo a portería a cero.

Na segunda metade os de Cangas adiantaronse co 0-1 aos 56 minutos e partir do gol visitante apareceu a mellor versión dos verdes, que empataron cun golazo de Cassio ao 83 minutos, antes xa se cantara o gol nun disparo de Rober que saíu fora por pouco, e despois do empate tivo o Arenteiro o 2-1 nun bo disparo de Hugo Sanmartín, pero neutralizouno cunha gran intervención enviando a córner o meta visitante.

Xa na tanda de penaltis o gardameta do Arenteiro Rui Santos desviou o primeiro lanzamento do Alondras, que tamén fallaron no segundo, mentres fixeron gol os catro lanzadores do Arenteiro, Hugo Sanmartin, Mitogo, Igor Sevivas e Ross, polo que xa non fixo falta o quinto lanzamento.