O Arenteiro, nun mal partido, despide o ano con derrota en Espiñedo ante Cultural Areas

17, Decembro 2017

Non pudo o Arenteiro despedir o ano cunha alegría ante a súa afección en Espiñedo nunha tarde para esquecer canto antes, os verdes tiraron o partido nunha paupérrima primeira parte, que ademáis rematou coa expulsión de Rubén Arce por doble amarela.

 E non foi a única da tarde, xa que con aínda máis de media hora de partido por diante o Arenteiro quedouse con 9 xogadores ao ver Portela vermella directa, noutra rigurosa decisión arbitral.

Asi que ante o Somozas no primeiro partido da segunda volta o Arenteiro quédase sen dous dos seus baluartes.

Aos 34 minutos marcaron os visitantes o 0-1, e xa a piques de cumplirse o tempo regulamentado chegou a sentencia, 0-2. Por salvar algo, decir que cando meno mal estivo o equipo foi cando se quedaron con 9 xogadores no campo, polo menos  demostraron amor propio e non perderon a cara ao partido.

Con moi pouco o Cultural Areas levouse os 3 puntos, que enganchan aos ponteareáns na lea pola permanencia e deixan tocado a un Arenteiro que terá que reflexionar sobre a pobre imaxen dada nos últimos partidos.

Afortunadamente, os 25 puntos conseguidos, fan que o equipo poida encarar a segunda volta do campionato ainda nunha boa posición cara o obxetivo da permanencia, pero necesitará canto antes recuperar as boas sensacións.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...