O Arenteiro, nunha gran segunda parte na que incluso mereceu máis, rasca un empate coa Real Sociedad B en San Sebastián

12, Novembro 2023

O equipo donostiarra, que perdía o liderato con este empate co Arenteiro, adiantouse cun 2-0 e foi mellor durante a primeira parte, a pesar de que o Arenteiro tivo ocasións para o empate, por exemplo se o árbitro pitase un clamoroso penalti na área local, increíble que un árbitro non pite algo asi.

A segunda parte o partido foi un monólogo do Arenteiro aínda que en fronte seguise tendo un auténtico equipazo, pero neste segundo periodo o Arenteiro foi un vendaval de fútbol, con ocasións de gol, un balón ao poste de Miku, e os dous goles de Chacón e Manín.

Un empate que mesmo pudo ser unha vitoria nunha gran segunda parte na que o Arenteiro fixo todo ben. O partido xogouse nas instalacións de Zubieta, na cidade deportiva da Real Sociedad, na que se deron cita un bo número de seguidores do Arenteiro residentes no país vasco, que despediron aos verdes con aplausos.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Ley0S4FH1Bo&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia":

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/12/arenteiro-creci...