O Arenteiro perde en Ribadumia e cae a postos de descenso

24, Febreiro 2019

O deste Arenteiro é "para mirarllo" como se dí popularmente, está empeñado partido a partido en encaixar gol nos primeiros minutos, é como se lle quixera comezar os partidos dándolle ventaxa ao rival, e asi volveu suceder esta tarde no campo da Senra de Ribadumia.

Apenas ían 11 minutos cando os locais se adiantaron no marcador, aínda que en realidade xa tiveran polo menos dúas ocasións para facélo incluso antes. 

Iván Rubio lograba empatar ao pouco tempo, apenas 3 minutos despois. Pero o Arenteiro seguíu empeñado en dar facilidades defensivas e se ao final da primeira parte chegouse con empate a un gol foi en gran parte mérito dun enorme Rui Santos, de largo o mellor do Arenteiro, que ata en 3 ocasións gañou o man a man cos dianteiros locais cando a afección local xa cantaba o gol.

O porteiro portugués do Arenteiro conseguíu que o partido seguise igualado no marcador ata 3 minutos para o final, cando o Ribadumia logrou o gol da victoria (2-1) e cando o Arenteiro xa estaba con 10 xogadores no campo tras a expulsión de Padrón no minuto 85 de partido ao ver o segundo cartón amarelo.

Con éste e o resto de resultados que se deron esta tarde, o Arenteiro cae a postos de descenso por primeira vez no que vai de liga.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...