O Arenteiro "pesca" un punto na súa visita a O Grove

24, Abril 2016

Empate sen goles nun partido moi intenso  por ambas partes e vibrante pola incerteza do resultado para os afecciondos, o que pudo verse no campo do "Monte da Vila", na vila mariñeira do Grove, onde se xogaba a xornada 34ª do campionato de liga da Preferente Galicia.

Os grovenses, que viñan de gañar a domicilio ao líder Vilalonga, sairon a por todas dende o minuto 1 de partido e lograron manter a intensidade ata o pitido final, con numerosas acometidas sobre a área do Arenteiro, pero os verdes estiveron serios atrás, e na portería un moi seguro Israel, evitaron a victoria local e conseguiron regresar a O Carballiño cun puntiño, suficiente para conservar o séptimo posto na táboa clasificatoria, a falta de catro partidos para o final de liga.

Aínda que os locais apretaron todo o partido, asi e todo aínda tivo o Arenteiro arrestos para inquietar á portería local, pero sen acerto.

CD Arenteiro: Israel, Pol, Maxi, Dafonte, Vilachá, V. Gallego, Bardelás, Dani Chimpín, Sanginés, Vitti e Martín Pérez. Tamén xogaron Dani Vázquez, Esteban, Iván Portos e Robin.