O Arenteiro rasca un punto na "piscina" do Morrazo

4, Novembro 2018

Alondras e Arenteiro empataron a un gol no partido correspondente á 11ª xornada do campiontao de liga na terceira división xogado no campo do Morrazo de Cangas, nunha tarde de forte choiva, con tal cantidade de auga que na segunda parte deixou o terreo de xogo impracticable para o futbol.

E de tal maneira que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un enorme derroche físico ante as contínuas frenadas do balón, e asi durante toda a segunda parte, na que o único que podía intentarse eran os desplazamentos longos de balón e esperar un golpe de fortuna que decidise o partido.

Adiantouse o Arenteiro co 0-1 no minuto 28, cun centro de Hugo Sanmartín que mandou Ross e tal como viña o balón ao fondo da portería local, dez minutos máis tarde empatou o Alondras aproveitandose dunha das poucas concesións que fixo en defensa o Arenteiro.

Na segunda parte, pouco pode comentarse xa que o estado do terreo de xogo condicionou o desenvolvemento do partido. Se acaso, destacar dúas boas intervencións de Rui Santos en dous balóns que collían portería pero que o gardarredes do Arenteiro desviou con solvencia. E nos minutos finais dous saques de esquina consecutivos a favor do Arenteiro, o primeiro deles rematado por Portela e salvado sobre a liña de gol por un defensor local.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Crónica do partido en Faro de Vigo:

https://www.farodevigo.es/deportes/2018/11/05/crisis-instala-o-morrazo/1...