O Arenteiro recibe en Espiñedo ao histórico Zamora CF nos oitavos de final da Copa Federación.

3, Outubro 2022

A eliminatoria, de novo a partido único, xógase dende as 20:30 horas deste mércores dia 5 de outubro no estadio de Espiñedo, no caso de superar aos zamoranos ao Arenteiro  quedaríase a un partido de entrar na Copa do Rei, onde tería como premio gordo recibir a un equipo de primeira división, tamén en Espiñedo.

Tras proclamarse campión galego da competición, e eliminar a pasada semana ao Naval de Reinosa, o próximo rival do Arenteiro xa en octavos de final é o Zamora CF,  que gañou na final de Castela León a un equipo da Primeira RFEF, a Cultural Leonesa, mentres que xa na primeira eliminatoria da fase nacional venceu en Carballo ao Bergantiños por 2-3. 

Trátase, o Zamora CF dun equipo recén descendido á categoria na que milita o Arenteiro, a Segunda RFEF, e aínda que tivo un mal inicio nesta competición, todas as apostas o sitúan como un dos firmes candidatos ao ascenso, cun planten plagado de bos futbolistas.

O enfrontamento deste mércores ten o seu precedente no ano 1993, cando ambos equipos xogaron a fase de ascenso á Segunda B, daquéla cun formato de liguiña, no que ambos compartian grupo co Real Madrid C e Club Siero. No partido de Espiñedo empataran a dous goles, e tamén igualaran 0-0 no partido de Zamora, un partido non exento de polémica por un intento de suposto amaño que salpicara ao Arenteiro, e que saltara á palestra no programa radiofónico "Supergarcía", que dirixía o mítico xornalista deportivo José María García.