O Arenteiro recibe na Uceira a Bande e Pabellón DH, nos últimos partidos de preparación

18, Agosto 2016

Os verdes apuran a súa preparación cara o inicio da liga na Prreferente Galicia, o vindeiro 28 de Agosto ás 6 da tarde no estadio de Espiñedo, ante o Erizana de Baiona.

Antes, o Arenteiro desputará outros dous partidos. O Xoves 18 ás 20:30 horas ante a SD Bande e o sábado 20 ás 18:30 horas ante o Pabellón División de Honra xuvenil. Ambos partidos xogaránse no campo da Uceira.

Atrás vai quedando unha pretempada na que, de momento, os verdes pemanecen imbatidos, tras gañar ao Ribeiro, Maside e Velle, e empatar co CD Barco da terceira división.