O Arenteiro regresa de Redondela con derrota e 3 lesionados

18, Marzo 2018

De nada valeu o golazo de Iker Hurtado que empataba un partido que moi pronto, aos 6 minutos, se puxo favorable para os locais nunha tarde inspirada do futbolista local Ricar, que conseguíu un hat trick e fixo que o Arenteiro regresase de vacio da súa visita a Redondela ao caer derrotado por 3-1.

O Arenteiro empataba o partido no minuto 13 tras unha gran acción persoal de Iker Hurtado, o 9 do Arenteiro sorprendía ao porteiro local Cortegoso cun gran tiro dende fora da área que se colou pola mesma escadra da portería do Choco.

Pero pouco lle durou a alegría aos numerosos seguidores do Arenteiro desplazados a Redondela, porque apenas dez minutos despois do gol do empate, un libre directo de Ricar sobre a portería de Pachi, cun tiro a media altura e parecía que fácil para o porteiro, foise directo ao fondo da portería. Na segunda parte, Ricar completou o seu triplete, no minuto 64, e partido finiquitado.

E para colmo de males, no minuto 38 tiña que abandoar o terreo de xogo Rubén Arce, lesionado nun xeollo, o seu sustituto Martín González tivo que facélo despois de estar apenas media hora no campo de xogo, ao sufrir unha contractura. Tamén Carlos de Dios regresou aqueixado de molestias. Un parte de lesións moi preocupante, no que xa figuran Igor Sevivas, Dani Chimpin e Saúl.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...