O Arenteiro toma aire a costa do vicecolista Vilariño, 3-0.

4, Decembro 2011

 O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación. Gañou o menos malo, o Arenteiro, que de esta maneira volve conseguir unha victoria despois de seis partidos sen logralo, xa que desde a xornada octava, tamén por 3-0, daquéla fronte ao Covadonga e tamèn en Espiñedo, non sabían os carballiñeses o que era gañar.

Tanto Arenteiro como Vilariño afrontaban o partido con numerosas baixas, certo é que ambos equipos ofreceron unha pobre tarde de fútbol, na que todo se puxo de cara para os verdes no minuto 4 de partido, no primeiro regalo da defensa visitante e autogol do Vilariño cando os equipos aínda apenas estaban tomando posicións no campo. Vinte minutos despois Alén facía o segundo gol dos carballiñeses ao controlar un baón na área a pase de Canexón e batir por baixo e axustado o pau ao porteiro visitante. E sen nada interesante que reseñar, irían pasando os minutos atá que xa no solpor do partido un centro-chut de Cataña sobre a portería do Vilariño pon o 3-0 no marcador.

O mellor para o Arenteiro o resultado, aínda que outra xornada máis, o equipo sigue ofrecendo moitas dúbidas, menos mal que de esta vez enfronte estaba un inocente At. Vilariño. Por quedarnos con algo positivo, farémolo có traballo no medio campo de Gabriel Carballeda, que xogou o mellor partido desde que viste a camiseta do Arenteiro, e tamén as gañas que puxeron algunhos dos xogadores, como Cancelas.