O Arenteiro tropeza en Espiñedo ante un efectivo Barbadás

26, Novembro 2017

Non tivo a súa tarde o Arenteiro ante un combativo Barbadás con efectividade máxima, dúas chegadas e dous goles, mentres que os verdes a pesar de xogar por debaixo do seu nivel habitual tiveron varías ocasións pero volvereron estar erráticos ante a portería rival.

E pouco máis se pode decir deste partido, probablemente o máis flouxo dos verdes no que vai de campionato, tal como poideron ver os máis de mil afeccionados que abarrotaron o graderío de Espiñedo, ao final, esa era a impresión xeralizada entre a bancada.

Pudo o Arenteiro adiantarse na primeira parte, sobre todo cando a piques de cumplirse o tempo regulamentado o central Portela tivo unha inmellorable ocasión de cabeza, pero enviou o balón as máns do porteiro do Barbadás.

Tralo descanso, Cabanyes en xogada persoal conseguíu adiantar ao Barbadás, o que propicio que o Arenteiro dese un paso adiante buscando o empate que non chegou a pesar de ter ocasións propicias, como unha moi clara de Sevivas, non obstante foi o Barbadás quen volvía golpear no minuto 79 cando o Arenteiro estaba lanzado sobre a portería azulona.

Xa no tempo de desconto, penalti que transforma Arce no 1-2. e pitido final. Xa toca pensar en dar a sopresa o próximo domingo en San Lázaro ante o Compostela.