O Arenteiro tutea ao Compostela, con reparto de puntos en Espiñedo

25, Novembro 2018

Antes de comezar o partido gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de Alfonso "Tupino", o incondicional seareiro do Arenteiro falecido esta fin de semana, nunha tarde na que debutaba o novo adestrador verde Rogelio Gómez "Gelucho".

A tarde estivo desapacible dende o punto de vista meteorolóxico, fria e con choiva, pero coa calor da grada de Espiñedo, coa entrada habitual, estó é, máis de 1.000 afeccionados, entre os que se encontraban un cento de seguidores do Compostela.

O Arenteiro foi superior ao vixente campión de liga durante a primeira parte, mentres que tras o intermedio foi o equipo da capital de Galicia o que apretou máis, pero os verdes aguantaron ben e sumaron un punto de moito mérito. Se estivesen un pouco máis atinados cando chegaron máis e mellor á área visitante na primeira media hora de partido, o Arenteiro incluso houbese tido moitas posibilidades de gañar este partido

Porque os verdes estiveron concentrados e intensos dende o minuto 1 de partido e os santiagueses so crearon perigo ante a meta de Rui cando se aproveitaron de erros puntuais do Arenteiro.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...