O Arenteiro vence ao líder Cultural Areas nun partido épico, 2-1.

5, Marzo 2017

Arenteiro e Cultural Areas ofreceron un partido dos que fan afección, un auténtico derroche físico, emoción, e sobre o terreo de xogo xogadores de gran nivel, que despediron cunha gran ovación final dende o graderío de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, tamén con seguidores do equipo visitante.

Sen dúbida, foi o líder o mellor equipo que pasou este ano polo Carballiño. Comezou o equipo ponteareán coa idea de dar un golpe á liga e facerse cos tres puntos en xogo, que de conseguílo houberan reforzado o seu liderato con 9 puntos de ventaxa sobre os seus perseguidores, pero enfronte esta o segundo clasificado, o Arenteiro, que ademáis tivo que xogar toda a segunda parte con 10 xogadores por expulsión de Pana, por doble cartón amarelo.

A primeira parte foi claramente do Cultural Areas, tanto por xogo como por ocasións, pero o Arenteiro conseguíu chegar ao descanso co 0-0 inicial.

E nada máis comezar a segunda parte, Vitti cabeceou un balón ao que chegou a tocar o meta visitante Luis, pero non pudo impedir o primeiro gol da tarde. A renglón seguido, prodúcese a expulsión de Pana, e a partir de aí os verdes sacan xenio e arrestos para aguantar moi ben o dominio do Areas, que non obstante consigue empatar no minuto 74.

Pero cando parecía que o partido podería inclinarse da parte do Clutural Areas, apenas 3 minutos despóis, Bardelás consigue volver poñer por diante ao Arenteiro ao lanzar unha falta lateral, o balón colle portería entrando polo segundo pau a pesar da estirada do meta visitante.

E de aí ao final, máis emoción, co Arenteiro aguantando ben atrás e o Cultural Areas lanzado a polo empate, xa co templo cumplido, o meta local Israel fixo o paradón da tarde, salvando os 3 puntos.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Padrón, Cuquejo (Bardelás, m.46), Carlos de Dios (Vitti, m. 46), Dani Chimpin (Dani Arbo, m. 70) Rubén Arce e Alberto (Dani Vázquez, m. 61)