O Arenteiro vence ao Móstoles nunha gran segunda parte

6, Marzo 2022

O Arenteiro foi de menos a máis e tras unha primeira parte igualada fíxolle co mando do partido nunha completa segunda parte no que os verdes fixeron méritos suficientes para conseguir un triunfo que sabe a gloria a unha entregada afección carballiñesa que despedíu ao equipo cunha gran ovación.

O Móstoles entrou no partido impoñendo un ritmo trepidante, non obstante  a defensa do Arenteiro lograba anticiparse para frenar as acometidas dos madrileños. Co avance do partido, o Arenteiro foi paseniñamente gañando terreo aos mostoleños, poñendo pausa no xogo e neutralizando a un bo Móstoles. Asi chegamos ao descanso sen apenas ocasións claras aínda que cun xogo moi intenso por ambos bandos.

A segunda parte xa foi outra historia. O Arenteiro deu un paso adiante ante un Móstoles que era agora o que se vía obrigado a meterse atrás a defender o empate. Os verdes fíxorense definitivamente co dominio  e non tardou moito en adiantarse no marcador, no m. 57, tras un ataque sobre a portería madrileña o arxentino Montovani despexa como pode, o balón caelle a Raúl Blanco que coloca o balón pegado ao poste inalcanzable para o meta Tejero.

O gol acabou por asentar a un Arenteiro que se gustaba e buscaba o segundo, pero nun regalo local o pichichi Álvaro Sánchez marcou a placer. O empate non impedíu que o Arenteiro seguise ao mesmo gran nivel no que estaba no partido, Alex Fernández abríu ao fondo sobre Eimil, que escorado pola súa banda servíu un balón á cabeza de Renan Zanelli e o brasileño emarcou case polo mesmo sitio polo que entrara o primeiro gol.

A reacción visitante non chegou ata o tempo de prolongación, cando Diego García tivo que empregarse a fondo para evitar o empate, mentres que polo Arenteiro foi Sobrido o que tamén pudo marcar. Pitido final e alivio en Espiñedo, o Arenteiro suma 3 puntos que son de ouro.

ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Daniel Portela, Pol Bueso, Álvaro Naveira; Raúl Blanco (José Sobrido 78’), Adrián Cruz, Renan Zanelli, Álex Fernández, Pibe (Cassio de Góes 84’) E Alassane Sylla (Markitos Alonso 84’). 

MOSTOLES: Tejero; Paco Torres (Fernando 66’), Tito (Recalde 73’), Martín Mantovani, Alex Alonso (Calarge 66’); Abel (Belima 73’), Chupe (Romera 84’), Sanjurjo, Ledesma, Portilla e Álvaro Sánchez. 

Goles: 1-0 Raúl Blanco 57’, 1-1 Álvaro Sánchez 68’, 2-1 Renan Zanelli 74’.

Árbitro: Martín Carlos Agudo Daza (Comité Asturiano). Asistentes: Sergio Álvarez Pardo y Santiago Quirce Lorenzo. Por fin unha arbitraxe correcta en Espiñedo.  Viron cartón amarelo  Sanjurjo 21’, Tito 39’, Álex Alonso 56’, no Móstoles e  Renan Zanelli 87’, no Arenteiro

Vídeo-resumen da TVG:https://www.g24.gal/-/aire-para-o-arenteiro-co-sufrido-triunfo-diante-do...