O Arenteiro viaxa a Vilagarcía coas baixas de Mariña e Renan Zanelli. O partido, ás 18:30 horas, poderá verse por Onda Arlequinada.

17, Outubro 2020

A liga 2020-2021 na terceira división alza o seu telón cun atractivo Arousa-Arenteiro dende as 18:30 horas deste domingo 18 de Outubro na Lomba de Vilagarcia, un partido que poderá verse en directo a través de Facebook e o canal de YouTube "Onda Arlequinada".

A cidade arousana tamén está en alerta sanitaria  e por elo ten o aforo limitado a tan so 150 persoas que poderán presenciar o partido no estadio, o resto terá que facélo a través da internet.

O Arenteiro desplázase a este debut ligueiro coas baixas confirmadas do defensa Manu Mariña e o centrocampista Renan Zanelli. Enfronte, encontraráse a un dos equipos aspirantes ao ascenso.