O Arenteiro volve de baleiro despóis da súa visita a Madrid, antes de recibir o domingo ao Depor en Espiñedo.

10, Decembro 2023

O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.

Nesta visita a Majadaonda, o Arenteiro entrou no partido titubeante e ben que o aproveitaron os madrileños para marcar o 1-0 cando apenas ían transcurridos 3 minutos de xogo, para logo nivelarse o dominio durante toda a primeira parte, ainda que sen ocasións de gol en nigunha das porterías. 

Na segunda metade, o tútbol foi subindo de intensidade, e cando mellor estaba o Arenteiro chegou o segundo gol dos locais, no minuto 69 de partido. No tramo final, o Arenteiro foise a polo gol que necesitaba para entrar no partido, pero desta vez non chegou.

Agora, a pensar xa no partidazo que vivirá de novo Espiñedo, que será o próximo domingo dia 17 ás 19:00 horas ante o Deportivo, e no que o Arenteiro intentará despedir o ano cun triunfo ante a súa afección.

Video resumen do partido da TVG:

https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/o-arenteiro-perde-na-sua-visita-front...

Ficha do partido: 

https://www.resultados-futbol.com/partido/Rayo-Majadahonda/Arenteiro