O Arenteiro xa coñece aos seus rivais para o seu histórico debut na Primeira Federación
O Arenteiro xa coñece os seus 19 rivais cos que competirá no grupo 1 da Primeira Federación, a categoria de bronce do fútbol español no que militan clubs históricos, varios deles con pasado en primeira división e míticos estadios como Riazor, Balaidos, Reino de León, As Gaunas de Logroño ou a Nova Creu alta de Sabadell, ou outros máis modernos como Cornellá-El Prat, o estadio do Español.
E outros menos historia pero grandes estadios, como o Nou Estadi onde xoga outro dos rivais do Arenteiro para esta próxima tempada, o Nastic de Tarragona, con capacidade para 15.000 persoas, superior á poboación do Carballiño.
E tamén estadios menos mediáticos pero de equipos que veñen da Liga de Fútbol Profesional, como o Anxo Carro lucense ou El Toralín, onde desputa os seu partidos a Ponferradina, outros dous cocos do grupo.
Estadios modernos e de recente construcción, como son os dos dous equipos madriñeños que visitarán os verdes este próximo ano, os do Rayo Majadahonda e Fuenlabrada, igual que o municipal Reina Sofía de Salamanca, onde xoga Unionistas.
E por suposto, un encanto especial para moitos afeccionados do Arenteiro será a visita o Novo Mini-Estadi, agora rebautizado como Estadi Johan Cruyff, onde xoga o filial do Barsa, o FC Barcelona B. E sen menospreciar o resto de estadios que tamén visitará esta tempada o Arenteiro, como o de Las LLanas de Sestao, histórico do fúbol vasco, o Stadium Gal de Irún, ou os modernos recintos deportivos nos que xogan os equipos filiais da Real Sociedad en Donosti ou Atlético Osasuna de Pamplona, ou os máis modestos dos dous equipos aragoneses, Tarazona e Teruel.