O Arenteiro xogará a promoción de ascenso á 3ª división ante o Estudiantil

28, Maio 2017

Os verdes estiveron preto do ascenso directo, pero finalmente non pudo ser. Por vez primeira en moitos anos na liga de Preferente os 76 puntos que alcanzou o Arenteiro -a mellor puntuación histórica do club nas 34 participacións nesta categoria- non foron desta vez sufientes, o Ourense CF fixo 77 puntos e lévase o premio, mentres que o Arenteiro deberá agardar á promoción ante o terceiro clasificado do grupo norte, a Agrupación Estudiantil.

Espiñedo volveu rexistrar unha entrada de gala, como practicamente toda a tempada, cunha afección que posta en pe despedíu cunha ovación ao equipo verde.

O partido ante o Portonovo transcurríu en Espiñedo moi pendientes do que pasaba no Couto, e tal como ía a tarde o ascenso estivo preto, toda vez que o ourensanos tiveron que agardar á recta final do partido para darlle a volta ao marcador ante o Gondomar.

Asi e todo, o equipo verde cumplíu e ata en tres ocasións tivo que remontar este partido ante o Portonovo, que se adiantaba co 0-1 aos 3 minutos. Moi pronto empatou Arbo de cabeza á saída dun córner. Xa coa primeira parte avanzada -minuto 38- volvían adiantarse os portonovenses co 1-2, e en apenas tres minutos Vitti facía 0 2-2. Pero neste final de locura da primeira parte, volvía golpear o Portonovo antes do descanso.

Por terceira vez tocaba remontar e lográbase. Carlos de Dios empata no minuto 50 e no 57 outra vez Arbo volvía, tamén de cabeza, tamén á saída dun córner poñer o 4-3 definitivo no marcador.

CD Arenterio: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, D. Arbo, Bardelás, Chimpin, Arce, Vitti e Carlos de Dios. Tamén xogaron Alberto, Cuquejo, Dafonte e Varandela.