O barista carballiñés Javier Muradás, campión autonómico, representará a Galicia no campionato de España

2, Marzo 2018

O barista carballiñés Javier Vázquez Muradás representará a Galicia no Campeonato Nacional de Baristas, no Forum Cultural del Café, que se celebrará en Barcelona os días 16, 17, 18 e 19 de abril.

Javier Vázquez é campeón de Galicia dende o pasado mes de novembro, e a este certame nacional acudirá cunha modalidade de café guatemalteco que foi co que obtivo o triunfo no campeonato galego.

Javier Vázquez Muradás é un experto autodidacta en café. Rexenta dende hai catro anos o Mesón Os Portales, situado na rúa do Paseo, fronte á Praza Maior do Carballiño, e era a primeira vez que se presentaba a un concurso de baristas.

Para acadar o triunfo neste tipo de certames hai que elaborar o Mellor Expresso, o Mellor Capuccino a a Mellor Bebida na Especialidade de Café, que son as tres modalidades que se esixen nestes campeonatos. Isto require un profundo coñecemento da caste de café empregada, dende a súa orixe ata a presentación e degustación, pasando polo proceso de maduración, tostado, etc., así como pola descrición dos aromas.

Javier Muradás competirá con outros 16 baristas, en representación do resto das comunidades autónomas españolas.