O BNG alerta da posible ubicación na Comarca da planta incineradora do lixo para o sur de Galicia

31, Xaneiro 2011

Os rumores, cada vez máis extendidos,  apuntan a algún Concello da Comarca do Carballiño para a ubicación da futura Sogama-2, a planta que tratará o lixo do sur de Galicia, das provincias de Pontevedra e Ourense. A oposición social que o proxecto suscita no Ribeiro, e as continuas manifesacións de algunhos políticos, entre eles o Presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar, que descartan ó Ribeiro, aumentan as posiblidades para que esta infraestructura se sitúe na comarca carballiñesa, xa que no Plan xeral de resíduos urbanos de Galicia indícase que "o lugar axeitado para a ubicación da planta sería algún concello limítrofe entre as provincias de Ourense e Pontevedra no eixo da A-52". A futura planta construiràse cun orzamento de 250 millóns de euros, que en gran parte procederian da empresa privada, xa que a a adxudicataría do proxecto será a empresa "Estela Eólica", unha das concesionarias do recente concurso eólico.
O BNG presentará no pleno que celebrará este vindeiro xoves a Corporación do Carballiño unha moción na que se pide un pronunciamento intitucional do Concello no que "se manifeste o rexeitamento á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos urbanos do sur de Galiza na Comarca do Carballiño e limítrofes, xa que este tratamento dos residuos afecta de xeito prexudicial e irreversibel ao noso medio ambiente e á saúde das persoas". En declaracións a "Cope O Carballiño", o concelleiro de medio ambiente, Bernardo García, decía que "falan da creación de 500 postos de traballo, pero non se pode xustificar a creación de traballo a calquera prezo, se esto fora para adiante, xa nos podemos ir olvidando do turísmo e da promoción dos balnearios". O Concelleiro do BNG insistiu en que este proxecto "é altamente contaminante" e no seu lugar, aposta "pola reciclaxe, en vez da incineración que representa o modelo de SOGAMA, criticado non só desde o ámbito político, senón tamen desde o cientfico e o ecoloxista"