O BNG denuncia a falta de profesor de percusión no conservatorio de música, unha situación que se prolonga dende o inicio do curso

18, Outubro 2019

O BNG afirma que "os trámites administrativos para cubrir a praza comezáronse tarde e a dia de hoxe seguen agardando por un profesor de percusión".

Unha situación que "está ocasionando a pérdida de clases por parte do alumnado do conservatorio e está xerando unha falla de calidade na ensinanza musical que vai ter difícil recuperación", manifestan.

Dende o Bloque Nacionalista Galego reclaman "o dereito dos estudantes a ter un profesor dende o principio de curso tras pagar unha matrícula que en moitos casos pode rondar os 600 euros".

Lamentan que nin por parte da dirección do conservatorio nin do concello se dean explicacións, unha situación que pon de manifesto "a falta de previsión e planificación do equipo de goberno do concello", remarcan os nacionalistas.