O BNG denuncia favoritismos nas expropiacións do vial Viduedo-Mandrás e pide un novo proxecto integral

7, Marzo 2017

O grupo municipal do BNG no concello de San Cristovo de Cea ven de presentar unha moción de urxencia na que pide á corporación que "solicite de inmediato a paralización do expediente de expropiacións, atender as demandas dos veciños e solicitar un novo proxecto integral para toda a estrada Viduedo -Mandrás, para que se execute á maior brevidade".

Os nacionalistas recollen a demanda dos veciños afectados, que "mostraron a súa sorpresa diante un proxecto que se esquece do resto da estrada e só considera un tramo de 100 metros, xustamente na fachada e acceso lo Pazo de A Pousa, en Vilaseco".

Ademáis, "exprópianse só as fincas de pequenos propietarios situadas enfronte ó Pazo, sen que as déste se vexan afectadas", aseguran no escrito presentado polos concelleiros Manuel Pérez e Mariña Arbor.

Para acceder á moción do grupo municipal do BNG de Cea, prema no arquivo adxunto: