O BNG elixe a Xosé Dobarro como novo responsable do Consello Local

21, Marzo 2012

A militancia carballiñesa do BNG elixíu a Xosé Dobarro como novo responsable político do Consello Local, un órgano de dirección no que tamén se integran outras 7 persoas.

Como Vicerresponsable figura agora Marcos Reboredo Blanco, e como vogais completan este novo Consello Local Lidia Caamaño, Ana María Fra, Xosé Manuel Codesido, Victor Gulias, Áurea Francisco -actúal Concelleira- e Eladino Cabanelas.

O novo responsable do BNG no Carballiño xa desempeñara anos atrás o cargo de concelleiro na corporación municipal carballiñesa, cargo do que dimitira daquéla tras o seu traslado profesional ao centro de saúde de Beariz, onde exerce como médico.

A elección do novo Consello Local do BNG coincide, precisamente, coa presentación no Carballiño do Encontro Irmandiño, ún dos grupos que abandonou o Bloque Nacionalista Galego, e outrras baixas recentes no BNG carballinés, entre elas a de Manuel Amil, que no anterior mandato municipal fora Portavoz do BNG e 1º Tenente Alcalde do Concello do Carballiño.