O BNG explora entre a súa militancia un posible acordo de goberno municipal cos socialistas

11, Outubro 2017

Asi o recoñeceu en manifestacións a esta emisora de radio o portavoz no concello do Carballiño Chema Ferreiro, él mesmo fixo esta proposta na asemblea local que ven de celebrar o BNG.

"Trátase de unha reflexión e debate sobre a mellor fórmula de traballo do BNG para o noso concello e para O Carballiño", subliñou Ferreiro.

Tanto o portavoz como a súa compañeira de grupo municipal, Sofía García, entenden que esta fórmula de cogoberno cos socialistas sería agora mesmo e para o resto do mandato unha boa posiblidade de poñer en valor o potencial e o traballo que o BNG pode aportar aos intereses municipais do Carballiño.

Doutra parte, estaría a posición do grupo socialista. O Alcalde Francisco Fumega dixo a esta emisora de radio que nunca "cerrou nin cerra portas a un posible acordo" que xa no seu dia "ofrecín tanto ao BNG como aos outros grupos", manifestou Fumega, en referencia a Alternativa Veciñal e Partido Popular.