O BNG lanza a campaña "Tren digno para o interior"

23, Xaneiro 2020

A concelleira carballiñesa do BNG, Sofia García, e a deputada no Parlamento de Galicia Noa Presas, presentaron no Carballiño a campaña reivindicativa que pon en marcha esta formación política para esixir a mellora dos servizos ferroviarios.

Nunha comparencia no local do BNG no concello do Carballiño, Sofía García dixo que non se podía permitir o desmantelamento progresivo do tren "que rematará pechando a estacíón do Carballiño".

A concelleira lamentou que o alcalde do Carballiño "siga sen convocar a reunión que acordamos os grupos manter cos responsables do Adif, e da que nada volveu saberse", e engadíu "que unha vila ben comunicada será unha vila en crecemento, unha vila mal comunicada é unha vila que perderá actrativo para vivir", dixo.

Noa Presas fíxo responsables da situación de perda de servizos ferroviarios en Galica tanto a PP como a PSOE "Renfe e Adif baleiraron de servizos ferroviarios O Carballiño e a provincia de Ourense".

A deputada do BNG subliñou que as políticas centralistas primaron a conexión con Madrid e deixaron abandoadas as necesidades da poboación, sobre todo no interior de Galicia, como é o caso da Comarca do Carballiño.

Nesta campaña, o BNG esixirá a modernización da rede ferroviaria e a aposta por un tren galego de proximidade que conecte as vilas e as cidades.