O BNG pide compromiso á conselleira de Traballo e Benestar para potenciar a Festa dos Maiores

21, Xaneiro 2015

O Bloque Nacionalista Galego ven de dirixir un escrito á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á que piden compromiso para recuperar a participación na Festa dos Maiores, que con carácter anual ten lugar no parque municipal do Carballiño.

O BNG achégalle á Conselleira "a preocupación como organización política polo notable descenso de participacion, na última edición de 2014, xustificabase ese desceno porque ao parecer a consellería non sufragou o coste dos autobuses que desplazan aos maiores desde os distintos concellos de Galicia".

Entende o Bloque, e asi o manifestan á Conselleira, que "podian tomarse algunhas medidas para promocionar a festa, e como suxerencia, poderian dar as instruccións oportunas ás direccións dos distintos centros sociais da súa competencia, para que fagan a previsión para o pago dos autobuses".

Deportivo e Banda Orquestra para a Festa do Polbo

Noutro escrito, éste dirixido ao goberno municipal do Carballiño, o BNG  propón ao concello do Carballiño, e toda vez que a Festa do Polbo de 2015 está adicada a cidade de A Coruña, que se fagan as xestións oportunas e canto antes posible para contar este verán e nas datas previas á festa coa presenza no Carballiño do Real Club Deportivo da Coruña, que desputaría un partido amigable no Estadio de Espiñedo co Club Deportivo Arenteiro.

Outra das actividades que propoñen os nacionalistas é unha actuación da Banda Orquestra da Coruña no Carballiño nesas mesmas datas.