O BNG pide o recoñecemento oficial das variantes da Ruta da Prata ao seu paso polo concello de Cea

9, Setembro 2019

O Grupo Municipal do BNG ven de presentar unha moción para que a corporación inste á administracción autonómica e os seus organismos relacionados co Camiño Xacobeo para que as variantes da ruta existentes dentro do termo municipal de San Cristovo de Cea sexan consideradas oficialmente como tal, o seu recoñecento, promoción e conservación.

Concretamente, trátase de dúas variantes da ruta principal, que son as de Costiña de Canedo-Liñares-Mandrás-Casasnovas, asi como a xa máis coñecida e transitada entre Cea-Silvaboa-Pieles-Oseira.

Para descargar a a moción íntegra, prema no arquivo adxunto: