O BNG pregunta ao alcalde polas xestións feitas dende o concello para evitar o peche dunha das farmacias de Cea

29, Setembro 2020

O concelleiro do BNG na corporación municipal de San Cristovo de Cea,  Manuel Pérez, ven de preguntar por escrito ao alcade José Luis Valladares sobre a actuación municipal en relación ao peche dunha das dúas farmacias coas que contaba o municipio, sita na vila de Cea.

Tras a xubilación da súa titular, a adminitracción autonómica non autorizou o traspaso da farmacia, provocando polo tanto o seu peche, polo que o concello quédase agora cunha única farmacia.

Para ver o escrito do BNG preme no arquivo adxunto: