O BNG propón a creación dunha rede WI-FI municipal no concello do Carballiño

24, Febreiro 2015

A proposta será incluída no programa electoral do BNG carballiñés e foi presentada por Marco Antonio Reboredo e Nacho Atanes.

O sistema que pretenden implementar os nacionalistas consistiría na instalación de antenas ubicadas en distintas edificacións municipais, como a casa da cultura, o estadio de Espiñedo, o auditorio, ou -no caso rural- nos centros sociais das parroquias. Desta maneira crearíase unha rede inalábrica de banda ancha que permite o acceso á internet,  aberta á poboación e desde calquera lugar do municipio.