O BNG ve "inaceptable que se privatice a elaboración das bases das axudas ao tecido económico"

5, Xuño 2020

O BNG repróchalle ao goberno socialista que "no Carballiño seguimos agardando a que se elaboren as bases para que se concedan as axudas económicas ao tecido economico do Carballiño, hostelería, autónomos e pequenas empresas, e aos sectores sociais máis vulnerables. Que agora sabemos que serán feitas por unha empresa allea ao concello".

E recordan que tras aprobar en pleno do 12 de maio a modificación dos orzamentos municipais con unha cantidade importante de partidas destinadas aos sectores máis sensibles aos efectos da crise provocados pola pandemia da COVID, resulta que as axudas ainda non podrán solicitarse.

“No pleno de maio o BNG criticou a ausencia das bases para a concesión das axudas, que permitirían aliviar a situación da veciñanza máis afectada pola crise económica xerada pola pandemia. Pois para o BNG a axilidade nesta situación é un factor determinante” declara Sofía García, voceira do Grupo municipal do BNG do Carballiño.

E remarca que "tras tres semanas de demora inxustificada na elaboración destas bases, agora infórmasenos que se prepara un prego para un contrato menor para que unha empresa elabore estas bases".

Por elo, desde o BNG consideran "inxustificado este gasto e esta demora, sobre todo se temos en conta temos concelleir@s a soldo que podrían facelo conxuntamente cos servizos xurídicos e adminstrativos dos que dispón o noso concello”.

E concúen os nacionalistas subliñando como "esta xestión non ven máis que a poñer de manifesto a indolencia do goberno municipal cara a situación que está a vivir a veciñanza e as súas ansias privatizadoras. Privatizar a elaboración das bases sumase á longa lista des sevizos municpais privatizados por este goberno supostamente socialista".