O brote de Avión increméntase con tres novos positivos e o do Carballiño suma un e afecta xa a oito persoas

29, Agosto 2020

Os dous últimos brotes de coronavirus declarados esta semana en Avión e O Carballiño siguen acumulando novos casos positivos.

No de Avión son xa sete as persoas infrectadas, tras sumarse tres positivos nas últimas horas, unha muller de 82 anos, un home de 80 anos e  un menor.

No do Carballiño o brote afecta xa a oito persoas, tras confirmarse un novo caso nesta xornada de sábado, un home de 68 anos.